bicar

Tocar algo ou alguén cos labios pechados, como caricia, en sinal de afecto ou amor, ou como saúdo, en sinal de amizade, respecto ou reverencia.

Etimoloxía

Formouse a partir de bico, para o que se propón como étimo unha forma céltica becc.

Exemplos *

"Ergueuse do leito, despois de bicar docemente os beizos fríos do home, e foi sen dúbida ningunha ata o estudio." (Miguel Vázquez Freire: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos)

"Deixábase adular, deixábase bicar nos seus puntos débiles e gustáballe perderse naquelas conversas doces porque ó final quedaba claro que el era o punto de atención." (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.