bici

Forma abreviada de bicicleta

Etimoloxía

Palabra coloquial froito de acurtar ‘bicicleta’ que é unha adaptación do francés bicyclette cun significado semellante.

Exemplos *

“Atordada, case provocou que un neno a atropelase coa bici. O neno pediulle desculpas e continuou pedaleando e marcándolle o traxecto que debía seguir para saír da urbanización.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“Santi esqueceu a misteriosa voz ante o olor do chocolate quente e dos boliños acabados de facer. Tras o almorzo foi coller a bici para ir ao colexio.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.