Vehículo de dúas rodas que se fai avanzar impulsando cos pés un mecanismo composto por dous pedais, unha cadea e un piñón.
Etimoloxía
Palabra tomada do francés bicyclette que se formou sobre o substantivo latino cyclus 'roda'.
Exemplos *
"Algunhas veces facía excursións en bicicleta a Boiro, Taragoña, Rianxo e Noia." (Xosé M. Del Caño: Conversas con Manuel María)
"Como a casa estaba no medio dunha costa, as subidas e baixadas en bicicleta non sempre acababan da forma prevista." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


