bico

Demostración de afecto, amor, amizade, respecto ou reverencia que se fai tocando algo ou alguén cos labios pechados

Etimoloxía

Xógase coa hipótese de veña dun termo celta bekkus de significado semellante.

Exemplos *

“Todos parecían divertírense, os sorrisos aparecían debuxados en homes e mulleres; cruzábanse bicos furtivos e tamén mensaxes con promesas.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Puxo o dedo índice sobre os beizos da rapaza pedíndolle silencio, e colléndoa do brazo acompañouna ata súa casa. Díxolle adeus cun bico na fronte e desapareceu da súa vida para sempre.” (Santiago Pazos: Contos da taberna/ Historias case verídicas, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.