biela

Peza de certos mecanismos, en forma de barra, articulada con dúas pezas móbiles nos extremos, entre as que transmite un movemento, que pode transformar de rectilíneo en circular, ou viceversa.

Etimoloxía

Procede da forma francesa bielle, da que non se coñece a orixe

Exemplos *

"… podería facer andar o tren especial da extraordinaria excursión. Podería oír o chifre do factor. O arrinque das bielas." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

"Válvulas, pistóns, bielas, eixe de levas e todos os rodamentos dependen do estado do filtro …" (Xohana Torres: Adios, María)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.