bigornia

Pequeno óso do oído medio que ten a forma desta ferramenta (engra de dúas puntas, en especial a pequena utilizada por ferradores, latoeiros ou zapateiros).

Etimoloxía

Procede do latín bicornis, -e, 'de dous cornos'.

Exemplos *

"O ruído oprimía bigornias e tímpanos e cerebros en desuso." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

"Nas orellas hai tres pequenos ósos en cada unha que non incluiramos nos que forman o cranio: martelo, bigornia e estribo …" (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.