bigote

Conxunto de pelos que medran sobre o labio superior

Etimoloxía

Vocábulo do que pensa que a súa orixe está no alemán bei Gott 'por Deus'.

Exemplos *

“Groucho Marx, pola contra, ía coa roupa de diario, coa chaqueta escura e as lentes redondas, como de arame, o bigote pintado con betume e o gran cigarro puro na man dereita.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)

“O taxista, un home que lle lembraba a Cantinflas polo bigote e a vestimenta desleixada, sorriu amplamente, morriñento.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.