billarda

Pau que se golpea no xogo da billarda

Etimoloxía

Crese que pode chegar desde o francés billard , que viría de bille ‘toro de madeira’.

Exemplos *

“Galopei entre os círculos apuntándome os tantos que quixen e, como o catedrático non mostrase ningunha disposición de ir pola billarda, dei por concluído o xogo.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
“E puido ver que por fin se volvía, chantaba os pés, flexionaba os xeonllos e empuñaba a ferrada fronte ao mar. O golpe pillou de costado a barca e lanzouna como un pao de billarda contra as Cercadas” (Manuel Rivas: ¿Que me queres amor?, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.