Papel que demostra a participación nunha rifa ou lotaría.
Etimoloxía
Palabra tomada do francés billet de significado análogo.
Exemplos *
"…comprar lotería cada semana, no bar do Orentino, sempre o mesmo billete: sete cero cero dous sete, fracción segunda, serie tres número preciosísimo, case capicúa." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
"Aplicouse asemade, armado de paciencia e dunhas tesoiras, a retrincar primorosamente billetes pasados da lotería." (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


