Ave limícola da orde dos caradriformes, coa plumaxe apencada, de tons grises na parte superior do corpo e abrancazada na inferior e o peteiro longo, da que existen diversas especies.
Etimoloxía
Descoñécese a orixe desta palabra.
Exemplos *
"Contoulles tamén aos frades que á súa nai aínda lle quedaron folgos para asubiar e chamar a atención dun can que perseguía biluricos …" (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
"… unha bandada de biluricos famentos pousouse a peteirar nos chícharos que xermolaban." (Manuel Roel Longueira: Contos e poemas dun autor ignorado)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.