bingo

Xogo de azar, de orixe americana, en que se reparten uns cartóns con números que os xogadores deberán ir marcando a medida que os vaian cantando, e se recibe premio por completar unha liña ou o cartón enteiro

Etimoloxía

Préstamo do inglés bingo que é unha interxección de alegría.

Exemplos *

“O momento de desconcerto superárono fundíndose nun bico torpe e aceso, coma o bico primeiro de dúas crías excitadas, sorprendidas polos seus propios actos, nun cuarto contiguo á sala onde nais e tías xogaban un bingo con moedas de a céntimo.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

“Naqueles tempos de prohibición do xogo, era normal organizar a lotaría, que non era outra cousa que un bingo doméstico, no que cartóns, liñas, e plenos constituían o divertimento das tardes e das noites da Moureira.” (Sabino Torres: As tres columnas. 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.