Expresión alxébrica da suma ou resta de dous monomios / Conxunto de dous elementos
Etimoloxía
Termo que se forma no latín científico binomius, que bota man do latín binomĭnis que significa 'que ten dous nomes'.
Exemplos *
“Os miles de sentinelas tampouco contemplaran outra saída máis que o encerro. Porque non existía. O binomio das oportunidades era diáfano: alistarse ou morrer.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)
“Se é por iso bótoche eu unha man... Veña, o binomio de Newton: O cadrado da suma de dous elementos é igual ao cadrado do primeiro elemento máis o cadrado do segundo máis o dobre do primeiro polo segundo...” (Cándido Pazó: Binomio de Newton, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.