biodegradable

Que pode ser descomposto polas bacterias e outros organismos da natureza

Etimoloxía

Forma creada co prefixo grego bíos-, ‘vida’ e o adxectivo procedente de “degradar” que, á súa vez, chega desde o latín degradare, ‘privar do grao de, rebaixar’.

Exemplos *

“A medida tampouco convence os ecoloxistas, que unicamente ven unha substitución do plástico por outro material biodegradable, non a súa desaparición.” (R. Fernández Santiago: Galicia Hoxe, 08-03-2011)

“(...) construír trebellos con bandexas de poliuretano, clips, bolsas de plástico ou outros materiais non biodegradables só retrasa a súa chegada á papeleira.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.