Diversidade de especies vexetais e animais nun ecosistema
Etimoloxía
Creación grazas ao prefixo bio-, do grego bíos ‘ser vivo’ e “diversidade” que vén do latín diversitas ‘variedade, diferenza’.
Exemplos *
“A biodiversidade é unha fonte de vida e de remedios naturais para os males que nos poidan aqueixar no futuro.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)
“A entrada de transxénicos acabaría coa biodiversidade e endebedaría o sector agrario.” (Belén Puñal: Tempos novos, 10-2008/43)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.