bióloga, -o

Persoa especialista en bioloxía

Etimoloxía

Voz que se crea coas partículas bio- que significa ‘vida’ e -logo que toma a acepción ‘o que estuda’.

Exemplos *

“Mantén, aparentemente, unha relación estupenda coa muller, que se xubilou como bióloga nunha cooperativa de produtos ecolóxicos, á que chegou despois de cambiar varias veces de traballo, desde uns comezos moito máis convencionais, porque a ela tampouco lle gusta amarrarse a unha nómina e deixar correr trienio sobre trienio.” (Carlos Arias: O libro das capitulacións, 2003)

“E a súa única filla tivo que emigrar a Irlanda para traballar como bióloga mariña porque aquí, aínda co mar bruando a cada canto, éralle imposible saír adiante.” (Alexandra Pacheco: Luzes, 12-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.