biomasa

Materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico e utilizable como fonte de enerxía

Etimoloxía

Creación derivada co prefixo grego bio- ‘vida’ e o termo masa do latín massa ‘o todo’.

Exemplos *

“Ese ferrollo pódenos impedir saír para apagar as lapas, mentres a brigada de demolición, sempre atenta, traballa pola cacarexada transformación dos nosos montes e agros en leiras para a produción de celulosa e " biomasa " para queimar en caldeiras de "amigos".” (Pedro Alonso: Sermos Galiza, 10-8-2012)

“As fontes de enerxía renovábeis son aquelas que non se esgotan co tempo , podendo ter usos térmicos ( solar térmica, biocarburantes, biomasa, xeotérmica, etc. ) ou para producir electricidade ( foto-voltaica, eólica, hidráulica, etc. ).” (Fernando Blanco Silva: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.