biopsia

Extracción dun fragmento de tecido orgánico dun ser vivo para a súa posterior análise

Etimoloxía

Préstamo do francés biopsie creado por dermatólogo Ernest Besnier partindo das partículas gregas bios- ‘vida’ e opsis ‘vista’.

Exemplos *

“É un dos obxectivos fundamentais para a optimización desta técnica, xa que isto se traducirá nunha maior exactitude na diagnose e suporá un importante avance na radioloxía con intervención: guía de agullas de biopsia ou catéteres de drenaxe.” (José Ignacio Sánchez Valdenebro e José María Cavanillas: Díxitos. Novas do Centro de Supercomputación de Galicia, 3-2000)

“Levárono ó hospital de Lugo e a biopsia deu como resultado unha tuberculose, da que estivo en tratamento aínda despois de saír á rúa, tomando un montón de pastillas.” (Xavier López Rodríguez: Outro heroes, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.