bioquímica, -o

Especialista en bioquímica

Etimoloxía

Préstamo do francés biochimie de significado semellante.

Exemplos *

“O cultivo tradicional do fungo Shiitake, orixinario do Leste de Asia e un dos máis antigos da humanidade, realízase desde hai uns anos en Castro Caldelas da man da bioquímica Beatriz Rey.” (A. Escudero: Nós Diario, 29-10-2020)

“A bioquímica de Triacastela Carmela Cela traballa no centro de bioloxía molecular Severo Ochoa en Madrid en investigación de leucemia.” (A Casanova: El Progreso, 15-2-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.