biosbardo

Ser imaxinario co que se engana a un incauto.

Etimoloxía

Palabra patrimonial de orixe descoñecida.

Exemplos *

"Non vaiades distraervos mirando os biosbardos ou á mestra." (Xosé Fernádez Ferreiro: Agosto do 36)

"Chega tarde alí, chega tarde acolá, cando non queda durmido case unha mañá enteiriña por cousa do demo do espertador dixital e ese seu ruidiño incapaz de alterar o fungar dun biosbardo." (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.