biosfera

Zona que rodea a Terra, onde habitan os seres vivos

Etimoloxía

Termo creado por un xeólogo austríaco, en alemán Biosphäre.

Exemplos *

“Vigo e Montevideo -ou calquera outro lugar do planeta- están intimamente relacionados porque forman parte da biosfera, a capa da Terra ocupada por seres vivos.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

“A choiva é un mecanismo imprescindible para a biosfera, aínda que sexa considerada como molesta, sobre todo polos habitantes das cidades.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.