biosíntese

Síntese dunha substancia realizada polos seres vivos

Etimoloxía

Nome creado co elemento compositivo grego bíos: ‘vida’ e a forma latina synthese ‘composición’.

Exemplos *

“Ademais do control da biosíntese de proteínas polo sistema do operón existen outros sistemas de regulación (...)” (Ramón Varela Díaz: Bioloxía. Segundo Curso de Bacharelato, 1999)

“A biosíntese deste encima encóntrase fortemente regulada pola concentración do substrato sobre o cal actúa.” (Daniel Franco Ruiz: Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais / Antioxidantes e oxidacción lipídica de produtos cárnicos, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.