birlo

Cada un dos paus que se empregan no xogo dos birlos

Etimoloxía

O vocábulo vén do latín vulgar pirulus que bebe no clásico pirum, -i ‘pera’.

Exemplos *

“O obxectivo é tombar o maior número de birlos posibles coa bóla en cada lanzamento.” (Praza Pública: “Unha ducia de xogos tradicionais galegos”, 07- 2017)

“Colócanse os sete birlos enriba dunha laxe dura (Lastra), que está situada a ras do chan.” (Lois Vázquez Pardo e Xabier López García: Xogos tradicionais para nenas e nenos, para maiores, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.