birta

Rego pequeno que parte doutro principal para distribuír a auga nun terreo

Etimoloxía

Voz que deriva de “birtar” que se cre que procede do céltico *birtare de significado semellante.

Exemplos *

“O vello xa non lle abondaba con sobar as petadas de terra que sobresaían. Ía máis lonxe. Dera na astucia de enfiar auga polas birtas cara a onde supoñía que había algunha toupa..” (Xosé Neira Vilas: Papeis, 1992)

“Xa cando lle caeron as augas en Novembro, reparei en que baixaban moito máis espelidas polas birtas e chegaban antes ao fondal. Medrou herba máis mesta e sa e non desas que meu avó chamaba escurripas.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.