bisavó, -oa

Cada un dos pais dos avós dunha persoa

Etimoloxía

Palabra derivada que se forma co prefixo latino bi- que significa ‘dous’ ou ‘dúas veces’ que se aplica a “avó” ou “avoa” que bebe do vocábulo derivado do latín vulgar *aviolu, -a, diminutivo de avus, -ia que designaba ao pai ou nai materno ou paterno.

Exemplos *

“A emigración iniciárona os bisavós, alá nos albores do século XX, e continuárona nas décadas centrais da centuria os avós. A prosperidade lográrona os pais coa chegada da democracia e dun estado de benestar que agora se esborralla.” (Héctor Cobo: De Luns a Venres, 8-2-2013)

“Ao final, o capitán decidiu que se ela lle daba catro golpes e medio no punto que el lle indicaba (o centro exacto, dixo el, en recoñecemento ao esforzo da tía da súa bisavoa, que morrera durante a batalla de Trafalgar), a súa honra quedaría reinstaurada.”(Virginia Woolf: Luns ou martes [tradución de Jorge Rodríguez Durán], 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.