Falar en voz baixa e case sen abrir a boca, de xeito que só se percibe o son dos eses
Etimoloxía
Palabra de orixe onomatopeica e ligada a un radical común a certas linguas románicas.
Exemplos *
“Voces bisbaban fragmentos de conversas a resoaren de parede a parede nalgún ano, un vello contaba en reais os xuros dun empréstimo de usura, unha nai botaba un roñazo ao neno que envorcara o tinteiro na mesa, unhas netas loaban as chulas de arroz da avoa.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“Logo colocou a máscara sobre o nariz e a boca durante uns instantes para despois retirala e volver bisbar.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.