bisbarra

Territorio de límites pouco precisos, que xeralmente rodea un núcleo de poboación de certa relevancia e que pode abranguer outras entidades de poboación

Etimoloxía

Palabra galega de orixe incerta.

Exemplos *

“Do mesmo xeito que outros, veu das bisbarras próximas para se estabelecer nas rúas desta cidade.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

“Se non é así, prégoche que veñas (ou que veñades) visitarme ao panteón dos Lavais na Provenza. Alí é onde desexo descansar antes ou despois. E, de paso, coñeces a fabulosa bisbarra onde se afunde o meu sangue.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.