Doce de miga mol e con moitos poros, que se fai no forno con fariña, ovos e azucre
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde a expresión do latín bis coctus ‘cocido dúas veces’.
Exemplos *
“Ao final da xornada prepara unha infusión de herbas, reparte biscoito e lidera a conversa, riseira, nun sofá de Ikea.” (Belén Regueira: Luzes, 12-2013)
“A nai desfrutaba preparando biscoitos. Decorábaos con marmelada de laranxas." (Úrsula Heinze: Culpable de asesinato, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.