bisectriz

Recta que pasa polo vértice dun ángulo dividíndoo en dous ángulos iguais.

Etimoloxía

Orixinouse ao combinar o prefixo bi– 'dúas veces' co verbo latino secare 'cortar' e o sufixo –triz, que indica quen leva a cabo unha acción.

Exemplos *

"… no gráfico nº 4, no que se pode aprecia-la considerable distancia existente entre a bisectriz de equidistribución e as curvas de Lorenz de motocultores e tractores." (Xosé Colino e Emilio Pérez Touriño: Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega (1960-1980))

"Así que en principio se optou por dividir cada cuadrante pola súa bisectriz." (Severino A. Gestoso Lago: Iniciación Profesional Marítima)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.