Porción magra de carne en forma de tallada de pouco grosor, especialmente de vaca
Etimoloxía
A palabra é a adaptación ao galego do inglés beefsteak, que é unha composición de beef 'carne de vacún', e de steak 'tallada'.
Exemplos *
“– Ola, ¿fasme un bocadillo de bisté?
– Moi ben, ¿e para beber?
– Un vasiño de viño, do que teñas por aí, cun chisco de gasosa, ¿vale?” (Francisco Alonso: Trailer, 1992)
“Ademais, a cociña de ferro permitía facer a un tempo varias cousas: fritir un bisté, quentar unha pota de auga e poñer unha cafeteira. Era fundamental nas comidas de festa (a do patrón, por exemplo, no verán) xa que había que ter á vez moitas potas con comida.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.