Persoa que xestiona un blog ou que é afeccionada a navegar por este tipo de páxinas web
Etimoloxía
Denominación que deriva de “blog” que é un termo que bebe do inglés blog que resulta do acurtamento de weblog ‘páxina web que contén reflexións persoais en liña’.
Exemplos *
“Os blogueiros comezaron a súa nova aventura o 15 de setembro no Quilómetro 0 de Madrid, coincidindo co aniversario do nacemento de Marco Polo” (E.P.: Galicia Confidencial, 16-9-2016)
“A peza tratará sobre unha blogueira rural creada pola propia compañía e que conta coa súa propia webserie e a súa liña de camisetas Chola&Lola.” (Alberto Ramos: Praza, 16-6-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.