boa

Serpe da suborde dos ofidios, de ata catro metros de lonxitude, non velenosa, que se alimenta de animais que mata asfixiándoos por estrangulamento e da que existen diversas especies.

Etimoloxía

Termo que chega do latín científico Boa, ‘serpe’.

Exemplos *

“Alí conviven animais salvaxes como os xaguares e os pumas, aves de impresionante plumaxe, como o quetzal, e serpes semellantes ás que custodiaban á árbore do Ben e do Mal, as míticas serpes de coral e as boas azuis que escorregaban cos seus impresionantes maxilares en medio da noite coma velenosos tentáculos amputados á escuridade.” (Xavier Lama: Os moradores da nada / Franz von Zimme, 1995)

“O espectáculo que realizan cos animais trátase dunha "exhibición en pista onde se explica o que comen, a procedencia, etc.". Son seis serpes, entre as que hai das especies albina, boa "constrictor" e pitón da India (ou Molurus). En canto aos crocodilos, miden uns 2 metros.” (Redacción: El faro de Vigo, 26-4-2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.