bocado

Porción de alimento que se pode meter na boca dunha soa vez.

Etimoloxía

Deriva de boca, que procede do latín bucca 'meixela'.

Exemplos *

"O monstro, dun só bocado, enguliu o mel e proclamou que lle soubera a pouco, aínda que no fondo de tanta dozura atopara un resaibo amargo." (Manuel Janeiro: A fada das lapas)

"Henriqueta contemplou admirada a artística presentación do peixe e aceptou o mudo convite da autora, que lle ofrecía, cun delicado xesto, o bocado máis escollido." (Uxía Casal: Vidas exemplares)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.