Peixe da superorde dos teleósteos, de pequeno tamaño, arredor duns vinte centímetros, corpo alongado cunha cor azulada no lombo e prateada no ventre, que se consome habitualmente á vinagreta ou en conserva
Etimoloxía
Préstamo do éuscaro bocart de significado semellante.
Exemplos *
“Non había máis seareiros que un vello porteiro cun descolorido uniforme gris como os seus días, con gabán de la deica os xeonllos bordado con fío granate en colo e empuñaduras. Comía na barra bocartes en vinagre e arroz con feixóns negros.” (María Xosé Castelo Lestón: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)
“Agora non pensaba en nada, xa non pensaba na chamada, tiña a cabeza en branco e non pensaba en nada ollando para as tapas de bocartes, de callos, de pementos asados, de caracois, empanadillas, as manchas da graxa das hamburguesas na prancha, as pingas de graxa a colgar da cambota enriba da frixideira.” (Suso de Toro: Calzados, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


