Abrir a boca involuntariamente a causa do sono, o aburrimento ou a fame
Etimoloxía
Palabra creada a partir de “boca” en combinación cun *oscitiare do latín vulgar, de idéntico significado.
Exemplos *
“Espreguízase e bocexa sen facer ruído, para non interromper aquel diálogo que o empapa da preocupación popular polas mudanzas climáticas.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“Ao pouco xa entraba na compañía de apóstolos -inda que axiña se desconvenceu: bocexaba nas reunións e non atendía máis que ás citas latinas do padre; custábame arrastalo nas tardes dos sábados e acabou por safarse cando o ía buscar.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.