bochinche

Construción itinerante destinada á venda de bebidas e comidas frías durante as celebracións das festas e romarías / Taberna ou tenda pequena

Etimoloxía

Voz formada sobre boche, entendendo esta na acepción ‘o líquido que cabe na boca’.

Exemplos *

“A manifestación será unha parte máis do programa das San Lucas. Os labregos andarán de gaiola bulindo entre os feirantes e os bochinches. A manifestación será un acto máis da festa, civilizado, tolerante e democrático.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

“No bochinche todo era balbordo de voces e berros, bebidas que batían nos taboleiros e mans que reclamaban novos tragos, un rumor que semellaba acumularse baixo a lona verde e que a penas deixaba sitio para as melodías da orquestra, que, malia estar a uns pasos do tenderete, escoitábanse afogadas e arredadas.” (Xesús Fraga: Tute para catro, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.