bocho

Alga parda da familia das fucáceas, moi ramificada, que ten unha especie de bochas ou ampolas ao longo das súas láminas

Etimoloxía

Termo de orixe descoñecida.

Exemplos *

“As portas do Paraíso, que tal é o corazón da memoria e o río antigo do tempo que nos arrola, mainamente, cerimoniosamente, para virme enterrar á fin entre os penedos da Barquiña, o bocho e as caramuxas.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)

“O galeón escora co duro leste laudando co botalón de proa as areas de Quenxo, Tanxil, Tronco, Porrón e Lodeiro, toucadas por mallante de argazo, de verdello, de bocho, broza e carromeiro, de sebas e correolas.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.