Aire moi quente e sufocante
Etimoloxía
A súa orixe parece que se remonta ao latín vulturnum 'vento do sudoeste'.
Exemplos *
“Aquela noite, coa calor convertida nun bochorno que penetraba nos pulmóns coma unha bóla de lume, ela non puido dormir.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)
“Acompáñanos un bochorno impropio desta época do ano. Calor e humidade na travesía de volta que resulta mellor do que no seu comezo prometera.” (Xavier Paz: Follas de bacallau, 2005).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.