Terreo baixo xeralmente cuberto de auga todo o ano
Etimoloxía
Pénsase que vén do latín vulgar *budetu que remite ao clásico buda 'herba'.
Exemplos *
“Tanto que as normas, a moda, a cultura, o diñeiro, o poder, o prestixio social, a calidade de vida e todos os inventos de moitos séculos de avances, tiñan pouco ou ningún significado naquel apartado boedo que o abraiaba.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
“Unha vez, cadrando cunha longa tempada de bon estado que nos fixera conceber moitas esperanzas, ensineina a montar a cabalo e ela guioume por inhóspitos lugares, por descoñecidas xeografías de pequenos boedos, pequenas lagoas e antergas minas.” (Antón Rodríguez Castro: Premios Pedrón de Ouro 198571986 / O xardín despois da chuvia, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.