Caixa na que se recollen as esmolas nas igrexas ou noutros lugares
Etimoloxía
Vocábulo que procede do provenzal boiseta e este do latín buxis 'caixa'.
Exemplos *
“−A xente dá menos esmola, menos ofrendas, e deixa menos cartos nas boetas −contestou o crego.
−Pois non o entendo. Ata a súa chegada á parroquia, cada ano incrementábanse as achegas.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“A porta grande queda sempre aberta para que a xente poida rezarlle ó santo, para botar a esmola na boeta e prender os cirios.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.