boi

Touro castrado, que se emprega como animal de tiro

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina bove de significado semellante.

Exemplos *

“Como un boi, sempre turrando do carro costa arriba para poder avanzar algo, xa desde neno, sempre escornándose por atinxir o que outros gozaban sen necesidade de ter que o reclamar.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

“Por máis que os homes e as mulleres quixeron parar a descansar, os bois seguiron a turrar, e non había aguillada que os amansase. Eles corrían pola súa conta e homes e mulleres ían atrás.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.