Pan, xeralmente circular e de pouca altura
Etimoloxía
Voz que nos leva ao equivalente latino bulla que significaba ‘burbulla’.
Exemplos *
“Para os nenos, as mulleres preparaban a bola, un pan pequeniño, que se sacaba antes para ir tranquilizando a larota dos máis pequenos ou para abrir as ganas de comer dos máis grandes.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
“Os días de patrón elaboraban bolas e empanadas e durante tres días traballabamos sen descanso toda a familia e incluso os achegados. Amais do forno había o despacho do pan para os veciños.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.