bólas

Xogo de nenos no que se utilizan unhas bólas de barro ou vidro que se fan rodar polo chan tratando de que choquen coas do contrario para introducilas finalmente nunhas fochas pequenas.

Etimoloxía

Procede do latín bulla 'bóla' ou 'burbulla', pero veunos a través do occitano bola.

Exemplos *

"Cando empezou o tempo do guá, veulle a teima de que tódolos que quixesen xogar tiñan que facer un sacrificio ó deus das bólas." (Miguel Vázquez Freire: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos)

"Esa mañá eu falaba coa boca pequena e, aínda que seguín a xogar ás bólas, na miña cabeza deu en ferver a extraordinaria idea de ser fillo do policía municipal que se convertiría nun actor de sona." (Antón Riveiro Coello: Casas baratas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.