Castaña que non se logrou e está oca, coa casca sen froito.
Etimoloxía
De orixe incerta, ponse en relación co latín follis, –is 'fol' ou 'bolsa' pola imaxe dun fol baleiro ou unha bolsa.
Exemplos *
"Con axilidade separaba as sas das bolecas e furadas polo ronco, que tiraba nun queipo de vimbieira." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
"¡Que inda rebentes como unha boleca!" (Manuel Curros Enríquez: O vento)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.