bolero

Canción de orixe caribeña de compás de dous por catro, ritmo lento, bailable e tema sentimental.

Etimoloxía

Termo que se toma en Cuba pero cunha orixe incerta.

Exemplos *

"Ben, habería que consultar, pero unha cousa era erguerse da cama para bailar un bolero cun paraugas, e outra moi diferente levantarse a interrogar ó dicionario enciclopédico" (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas)

"E bailaban o bolero nas xeometrías do amor, arredor da orquestra dos últimos copos e as garrafas baleiras." (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.