boletín

Publicación periódica de carácter informativo, cultural ou científico, en especial dunha institución ou asociación

Etimoloxía

Chega desde o termo italiano bolletino, ‘documento breve’.

Exemplos *

“Canto ás súas publicacións, editaron en primeiro lugar no boletín da "Real Academia Galega" ata que, en 1927, saen á luz os "Arquivos do Seminario de Estudos Galegos".” (José Mª Eguileta Franco: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

“En efecto, aínda que o que predomina neste boletín filolóxico é a investigación _sincrónica e diacrónica _ do galego, as súas páxinas están abertas a outras linguas románicas e, mesmo, a temas de lingüística xeral” (Xesús Alonso Montero: Galicia Internacional, 6-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.