O que se fai con fariña milla ou centea amasadas, do tamaño dunha pataca grande, e que se pon a cocer en auga ou caldo
Etimoloxía
Locución que se forma co substantivo “bolo” que vén do latín bulla ‘bóla’ e tamén co nome “pote” que bebe do catalán “pot” que significa ‘tarro’ como núcleo da frase preposicional.
Exemplos *
“Fixen un caldo de groria / que me soupo que la mar, / fixen un bolo do pote/ que era cousa de envidiar.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Entre oito e dez horas é o tempo que leva preparar unha cantidade xenerosa de bolos do pote, un prato tradicional da cociña galega que se asocia principalmente á época do Entroido.” (Aldara Paz Portela: Diario de Pontevedra, 6-3-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.