Bolsa pequena de coiro ou doutro material, en particular a de pequeno tamaño que se utiliza para levar obxectos de uso persoal, cartos, documentos etc.
Etimoloxía
Palabra que bebe da voz latina bursa ‘bolsa’ que, á súa vez, remite ao grego búrsa ‘pel curtida, odre’.
Exemplos *
“Era xa demasiado tarde. Como todos os días, o resto do ritual fíxoo ás présas. Vestiu un vaqueiro e unha camisa, recolleu o cabelo aínda mollado nun moño mal feito, bebeu o café dun sorbo e colleu o bolso tras comprobar que non lle faltaba papel e bolígrafo.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
“Os nenos e as nenas taparon as orellas e pecharon fortemente os ollos. As velliñas persignáronse e puxeron os bolsos por riba da permanente. A xente que viaxaba sentada anicouse (...). E nese intre comezou: un violento refacho de palabras bombardeou o aire, indiscriminadamente, coma unha chuvia de cascotes.” (Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.