Partidario do bolxevismo
Etimoloxía
Desde o inglés bolshevik, que procede do termo ruso bol’chevík co mesmo significado.
Exemplos *
“Antes que nada, era bolxevique: o seu feminismo era de esquerdas, e é moi crítica co feminismo burgués.” (Lara Rozados: A Nosa Terra, 29-1-2009)
“O pintor berlinés , que chegou a ser cualificado como "o bolxevique cultural número un", marchou en 1914 á fronte bélica da Primeira Guerra Mundial como voluntario nunha unidade de infantería.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.