bombardino

Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba

Etimoloxía

Préstamo tomado do italiano bombardino con significado semellante.

Exemplos *

“Ademais (...) hai un alto protagonismo dos ventos: bombardino a cargo de Manu Espinho e, para rematar, temos ao trompetista máis cotizado da música galega, Manuel Paino, capaz de facer xogos incribles de improvisación.” (Olga Brañas: Sermos Galiza, 2-10-2014)

“...ao compás da Banda Municipal de Celanova que dirixía o seu esvelto director con moita profusión de xestos e movementos de batuta: dezanove números soprando nas frautas, clarinetes, óboes, fagots, saxofóns altos e tenores, trompas e trompetas, bombardinos e mais a tuba.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.