Persoa que forma parte dun corpo organizado para combater os incendios e intervir en casos de sinistro que afectan a seguridade pública
Etimoloxía
Termo derivado a partir do substantivo bomba, que procede do latín bombu ‘zunido das abellas’ por mor do ruído que fai a bomba e o sufixo -eiro/a.
Exemplos *
¿Por que lle resulta difícil a un bombeiro soster unha mangueira que expulsa grandes cantidades de auga a gran velocidade? (Ramón Vilalta, Manuel Cid e Antonio Varela: Física e química, 1997)
“Hai un bombeiro que camiña polo beiril dos tellados en lapas co donaire dun faquir; e un tipo que se bota desde as cepas da Ponte, nun solago abraiante de clavador de Acapulco.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Autómatos, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.